Este verán chega un campamento diferente, cheo de ritmo, creatividade e diversión! Un espazo onde as/os máis peques poderán practicar BreakDance, facer novas amizades e desfrutar de actividades artísticas, xogos e moitas sorpresas nun ambiente dinámico e positivo. Unha experiencia pensada para moverse, crear e pasalo en grande durante as vacacións!
Do 22 de xuño ao 23 de xullo, e do 17 de agosto ao 4 de setembro. Polas mañás de 10:00 a 14:00.
Idades de 3 a 11 anos, cun máximo de 15 prazas á semana.
Actividades :
Practicaremos pasos e habilidades básicas desta disciplina, tanto acrobáticas como de baile.
- Psicomotricidade en inglés:
Desenvolvemento de coordinación, reflexos, e axilidade ao mesmo tempo que practicamos inglés.
- Obradoiro de manualidades, debuxo e graffiti:
Potenciación da creatividade e habilidades manuais mediante obradoiros.
O último día de cada semana teremos de 13:00 a 14:00 unha mini jam organizada polos alumnos para que as familias desfruten como público dos seus avances.
E máis sorpresas!!
O campamento inclúe unha merenda diaria , composta de: mazá, plátano, galletas de cereais e chocolate, e zumo de fruta.
Prezos :
O prezo semanal é de 85€ , pero se reduce a 68€ polo 20% de desconto para:
– Alumnos de Break Inclan.
– Irmáns ou amigos acompañantes.
Prezo do día solto: 20€
Bono de 4 semanas: 215€
Ponte en contacto con nós para coñecer calquer detalle do campamento.
Preme o botón de abaixo para iniciar unha inscripción.